Cambados Zona Centro presenta a súa nova directiva

    CAMBADOS> Á fronte continuará dous anos máis Marcos César González se ben incorporáronse novas caras.

    {flowplayer}images/salnes/DirectivaZonaCentro_191012.flv{/flowplayer} 

    Pechado o prazo para a presentación de candidaturas e ó non aparecer ningunha, Marcos César González continuará a ser o presidente de Cambados Zona Centro por dous anos máis. Ó seu lado destaca a incorporación coma vicepresidente do xoven hosteleiro Miguel Solla, co que pretenden potenciar este sector. Juan Rey será o secretario, Bruno Somoza o tesoureiro e María Piñeiro, vocal.

    A principal preocupación de Zona Centro para este vindeiro ano é o factor económico. Segundo o presidente as subvencións percibidas reduciranse nun 55% e a partir de agora os socios que queiran participar nas campañas, deberán custear parte delas.

    Outra das precoupacións de Zona Centro é baixada no seu número de socios. Chegou a contar con máis 180 e agora apenas supera os 120. O que tamén deixou claro Marcos César González é que estes serán os seus últimos dous anos a fronte de Zona Centro. Di presicar un relevo.

    Redacción Salnés