Rianxo acollerá esta fin de semana a oitava edición da Festa de Exaltación do Mexillón

    RIANXO> A cita, organizada polo Club de Remo Rianxo en colaboración co propio Concello, desenvolverase como é tradición nunha carpa instalada para a ocasión no Campo de Arriba. A Festa de Exaltación do Mexillón de Rianxo chega este ano á súa oitava edición. Organizada polo Club de Remo Rianxo, en colaboración co propio Concello, a cita , hoxe en día un dos referentes gastronómicos da comarca do Barbanza, terá lugar esta vindeira fin de semana, os días 5 e 6 de agosto na alameda, no Campo de Arriba. Este ano serán un total de sete receitas as que se elaborarán. Todas as recetas estarán realizadas co mellor produto da nosa Ría, neste caso o mexillón, que cumpre cos máis estritos controis de calidade, para darlle ó consumidor as máximas garantías posibles, prevéndose repartir unhas tres mil racións. O alcalde, Adolfo Muíños, destacou a importancia da cita que organiza cada ano o Club de Remo, que serve, ademais de exaltar un dos produtos típicos da localidade, para recadar fondos para a entidade. A cita gastronómica incluirá ademais da degustación un gran número de actividades paralelas como son bautizos de mar en motos acuáticas totalmente gratuítos, diversas actuacións musicais e ata un parque de inchables para os máis pequenos.