O parque natural de Corrubedo suma xa 300.000 visitas neste ano

    visitasparquecorrubedo100.jpgRIBEIRA> O parque natural de Corrubedo recibiu case trescentas mil visitas no que vai de ano.

    {flowplayer}barbanza/visitasparquecorrubedo.flv{/flowplayer}

    Segundo os datos facilitados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán recibiu 294.200 visitantes no que vai de ano.

    Os meses con maior afluencia foron xullo e agosto, con 73.600 e 80.800 respectivamente. As estatísticas revelan tamén que máis da metade dos visitantes, o 55 por cento proviñan doutras comunidades españolas mentres que o 35% eran galegos. O 8’5 por cento eran estranxeiros.

    Reclamo turístico

    Estas boas cifras poñen de manifesto a importancia deste complexo como recurso turísitico.

    O parque abrangue 9.625 hectáreas, entre as que destacan a duna máis grande de toda Galicia, con máis dun quilómetro de lonxitude, vinte metros de altura e 250 metros de ancho. Ademais o complexo componse de dúas grandes lagoas, unha doce e outra salgada, con humedais e marismas que albergan unha gran variedade de fauna e flora.

    Redacción Barbanza