Cinco obradoiros gratuítos para os maiores de Ribeira

RIBEIRA> Hoxe arrinca o novo Programa de Dinamización Social e Cultural dos Maiores de Ribeira. As inscricións para este curso poden facerse xa na oficina de Atención Cidadá ou a través da páxina web do concello.

Este ano impartiranse en Ribeira un total de cinco obradoiros para os maiores. Esta iniciativa enmarcase dentro do Programa de Dinamización Social e Cultural, que presenta este ano significativas novidades respecto a edicións anteriores. Como é a apertura das inscricións desde hoxe na Oficina de Atención Cidadá.

Memoria, reforzo educativo, artes plásticas, informática e ximnasia. Os talleres comezarán en outubro e terán unha duración de nove meses. Son totalmente gratuitos.

O taller de memoria impartirase en tódalas parroquias de Ribeira, outros como o de reforzo educativo terán lugar en Aguiño, Palmeira e Riveira. Segundo explicaron dende o executivo, sempre ca posibilidade de que ampliar a oferta a outras parroquias si hai demanda.

Dende o concello teñen previsto que se apunten un total de 600 persoas maiores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí