ENCE entra a formar parte do padroado da UNED

    PONTEVEDRA> A UNED, a Deputación de Pontevedra e ENCE veñen de asinar un convenio de colaboración

    {flowplayer}images/salnes/entrada_ence_fundacion_uned.flv{/flowplayer}

    … mediante o cal a empresa con sede na Ría de Pontevedra pasará a formar parte do padroado da Universidade.

    Esta axuda consistirá nunha colaboración que vai máis aló da dotación económica empresarial, fixada en 30.000 euros anuais. Con esta colaboración, ENCE seguen adiante co seu plan de mecenazgo de diversas actividades sociais e culturais ca sociedade na que se encontra.

    Unha sociedade que se poderá beneficiar aínda máis do servicio de educación Universitaria a distancia; posto que o reitor da UNED, Juan Antonio Gimeno Ullastres aproveitou esta visita á cidade do Lérez para asinar tamén un convenio de colaboración ca Deputación e o Concello de Pontevedra para ampliar as instalacións do seu centro asociado de Monteporreiro.

    No transcurso desta comparecencia pública o Conselleiro delegado de ENCE, Ignacio de Colmenares y Brunet destacou os avances da empresa pasteira na eliminación dos cheiros e na diminución do seu impacto no medioambiente.

    Asemade, amosou negativo respecto a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra ca actual normativa; o que non freará as súas ansias de poder instalar unha empresa de producción de enerxía con biomasa en Galicia, posto que esta é a comunidade que máis potencialidade ten neste novo tipo de negocio.

    Redacción Salnés