Feijóo: “Temos que reconciliar á política cos cidadáns”

    PONTEVEDRA> Alberto Núñez Feijóo mantivo un encontro con alcaldes, deputados e cargos do PP pontevedrés para analizar os resultados dos comicios.

    {flowplayer}images/salnes/FeijooPP_281012.flv{/flowplayer} 

    Chea ata os topes. Así se presentaba a sé provincial do PP nunha xuntanza á que practicamente non faltou ninguén. Núñez Feijóo agradeceu o traballo de tódolos militantes durante a campaña e animounos a seguir na mesma liña, xa que iso é que o que lles reclaman os galegos. 

    O presidente, que estivo acompañado por Rafael Louzán, Begoña Estévez e Alfonso Rueda, recalcou que os 41 escanos obtidos é o mellor resultado posible ó que podían optar os populares.

    Con todo, Núñez Feijóo fixo autocrítica e lembrou que a baixa participación e a gran cantidade de votos en branco e nulos, deben facerlles reflexionar. 

    Para os vindeiros catro anos de goberno, Núñez Feijóo deixou claro cales son os obxectivos: manter e mellorar a solvencia económica de Galicia.

    No acto, tamén falou Rafael Louzán que destacou o bo momento no que se atopa o PP tras 16 meses victoriosos tantos na eleccións xerais, como nas autonómicas e municipais. Tamén agradeceu o traballo e esforzo feito por tódolos actores do PP pontevedrés.

    Redacción Salnés