A cultura volverá encher de vida as rúas de Noia este verán

NOIA> O concello de Noia programou unha extensa e variada oferta cultural que encherá de vida as rúas durante o verán. A música será unha das grandes protagonistas do rúas vivas con citas tan destacadas como o Festival de Arpa ou de Jazz. O folclore e a tradición ocupan tamén un lugar destacado coa celebración do día do Sancosmeiro ou a recuperación dos cantos de taberna. Haberá tamén espazo para a cultura urbana con iniciativas como o festival do peregrino, organizado pola asociación La Grotta. Destaca tamén a colaboración de Noia Histórica con actividades organizadas por hostaleiros e comerciantes. Precisamente, o presidente da entidade destacou a diversidade desta programación que contribuirá a dinamizar cada recuncho do pobo. Os establecementos asociados acollerán unha exposición dos distintos carteis elaborados por Veigas Manteiga nas anteriores edicións do rúas Vivas como homenaxe ó pintor local que sempre colabora co deseño da imaxe deste programa.