Case a metade dos galegos foron pluriempregados

    SALNÉS> Son os datos que revela unha enquisa de Randstad. Na rúa, as opinións son ben diferentes.

    {flowplayer}images/salnes/EnquisaPluriemprego_261012.flv{/flowplayer} 

    Segundo un informe eleborado por Randstad o 48% dos galegos compatibilizaron dous ou máis empregos nalgún momento da súa traxectoria profesional. Uns datos que sorprenden agora cando o paro apreta máis que nunca. Pola contra, a maioría dos nosos enquisados recoñecen que nunca o fixeron e que non coñecen a ninguén que tivera máis dun traballo. 

    O estudio revela que o 85% dos galegos estarían dispostos a pluriempregarse. Para os nosos enquisados tan só sería unha opción se fose necesario para sobrevivir. Para moitos en momentos de crise como o que vivimos, é necesario compartir o pouco que hai. 

    Se ben os galegos son dos que máis predisposición teñen á hora de simultanear empregos, a nivel nacional somos a cuarta comunidade que menos o fai.

    Redacción Salnés