A escola infantil municipal Bonecos adianta a Festa da Auga

VILAGARCIA> A festa da auga adiántase para os máis pequenos e pequenas de Vilagarcía. A escola infantil municipal festexou o día grande do municipio co seu alumnado. O mal tempo non impediu que as nenas e nenos gozara lanzándose auga.

O día grandes das festas de Vilagarcía esta a volta da esquina. Dous días antes da súa celebración a escola infantil municipal adianta o gran evento e o festexa co seu alumnado. Todos os nenos e nenas da escola, gozaron coa auga.

Globos, mangueiras, charcos… Os nenos e nenas da escola puideron lanzarse auga de todas as formas posibles.

O mal tempo non afectou a que os nenos gozaran da súa festa

Unha vez rematada a festa, as mestras secaron rápido aos nenos e nenas para que dentro de dous días estean en perfectas condicións para gozar da festa da auga cos maiores.