Os traballadores de Atunlo continúan manifestándose no Grove contra o despido de 14 empregados

O GROVE> A CIG e os traballadores de Atunlo volven manifestarse contra os despidos levados a cabo pola empresa. Dende o sindicato sinalan que a compañía non se puxo en contacto con eles a pesar das súas denuncias. Continuarán mobilizándose ata que Atunlo reincorpore aos 14 empregados despedidos.

Ante a falta de negociacións e de conversas coa empresa, os traballadores de Atunlo, convocados polo sindicato da CIG, volveron a manifestarse diante da fábrica da compañía no Grove. As súas reivindicacións xiran en torno ao despido de 14 empregados por parte da empresa sen previo aviso. Os traballadores móstranse totalmente en contra desta decisión.

A pesar da primeira mobilización, a empresa continúa sen querer negociar cos representantes dos traballadores. De seguir así, dende o sindicato advirten que continuarán mobilizándose.

Ademais das mobilizacións, o sindicato tamén emprendeu accións legais. A CIG non cree que a Atunlo esta a pasar problemas como para xustificar estes despidos.

Se a empresa non se senta a negociar e dialogar cos traballadores, as manifestacións continuarán nas vindeiras semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí