Despois da chuvia de este xoves chega a calma atmosférica

    VILAGARCIA> Este xoves aterrou en Galicia unha nova borrasca. Tras varias xornadas de chuvia intermitente, nas que parecía que o bo tempo daría unha tregua, outra vez alertas advirten da situación meteorolóxica. Fortes precipitacións, neve en cotas baixas ou vento no mar son algunhas das complicacións que deixou este temporal. Aínda así en Vilagarcía, os seus cidadáns aseguran que en Galicia xa estamos acostumados a inestabilidade meteorolóxica, que por outra parte, marca estas datas. 

     

    A borrasca que no día de onte se situaba no cantábrico desprazouse este xoves ata chegar ao litoral galego, afectando as catro provincias. En Vilagarcía ao longo da mañá rexistráronse precipitacións e unha baixada das temperaturas con respecto aos días anteriores, aínda que os veciños de vila, afirman estar acostumados a esta climatoloxía no tempo no que estamos. 

    Un día de moita inestabilidade atmosférica. O ceo permaneceu pechado de nubes ao longo de todo o día, e a chuvia arreciaron co paso das horas, algo que parece non preocupar moito cun bó abrigo e un café. 

    Mañá a xornada parece que será máis apacible. A comunidade atopárase nunha situación máis intermedia, coas baixas presións desprazándose ao sur e o anticiclón sobre as illas británicas, polo que aínda que nalgúns puntos de Pontevedra amenza chovendo ao longo do día os ceos despexarán en toda a comunidade. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/24/mal_tempo_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/24/mal_tempo_villa.mp4{/flowplayer}