Os traballadores do grupo Lumar inician unha folga indefinida

    folgaindefinidalumar.jpgPOBRA> Os retrasos nos pagos remóntanse ó mes de marzo e a empresa débelle actualmente catro meses de salario.

    {flowplayer}barbanza/folgaindefinidalumar.flv{/flowplayer}

    Ó redor duns vinte empregados, dos cincuenta que actualmente compoñen a plantilla da empresa Procesados Pesqueros, pertencente ó grupo Lumar, asentada no polígono industrial da Tomada, iniciaron unha folga indefinida en protesta polo retraso nos cobros das súas nóminas. A firma comezou a retrasarse en marzo nos pagos, debéndolle na actualidade unhas catro mensualidades.

    Acompañando ós traballadores e ó comité de empresa na mobilización atopábanse tamén representantes do sindicato CIG, que aludiron á situación inagüantable pola que están a pasar os empregados, un feito que provocou que mesmo moitos tiveran que marchar. 

    Novas mobilizacións

    Polo de agora e ata que haxa unha solución, teñen previsto continuar coas concentracións tódolos venres diante a fábrica.

    Redacción Barbanza