Vicepresidencia contribuirá á continuación da peonalización en Boiro

    peonalizacionboiro_100_091006.jpgBOIRO > Paso adiante para o plan de peonalización do casco urbano de Boiro, coa licitación dun novo tramo na rúa Santos Mieites e Pablo Iglesias.

    A actuación conta cun presuposto que se achega ós 900 mil euros, dos cales aproximadamente o 70% serán aportados por Vicepresidencia e a cantidade restante deberá ser asumida polo propio concello boirés.

    O proxecto a levar a cabo prevé a reorganización dos viais, restrinxindose o paso ós automóbiles, sendo unha obra semellante á realizada anteriormente noutro tramo da Santos Mieites.peonalizacionboiro_200_091006.jpg

    O que variará será o deseño da vía. O encargado da redacción do proxecto será o arquitecto pontevedrés Jesús Aser.

    O edil de Urbanismo, Xoán León, referiuse tamén á oposición existente por parte dalgúns veciños á realización desta obra, aínda que segundo el a maior parte dos afectados están ó seu favor. León fixo alusión á boa aceptación que tivo entre os veciños a execución dos tramos xa peonalizados, converténdose esa zona nun espazo de gran concorrencia.

    Redacción Barbanza