![]()
PONTEVEDRA> O socialista Modesto Pose ven de ser elixido como Secretario provincial do PSOE en Pontevedra. Este representante da familia socialista…
{flowplayer}images/salnes/051009_congreso_psoe.flv{/flowplayer}
… por Vilagarcía contou con 109 votos a favor, ningún en contra e 22 abstencións, o que supón unha porcentaxe do 83 % de apoios. Xunto con el, formarán parte da executiva outros 25 membros, entre eles, o edil vigués Ángel Rivas como vicesecretario; Luís Gómez Piña como secretario, a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, o alcalde de Marín, Francisco Veiga, a Presidenta de Tragsa, María Luisa Graña e os deputados autonómicos, Abel Losada e Carme Cajide. Este foi o resultado das votacións que tiveron lugar o sábado en Pontevedra no transcurso do congreso Provincial do PSdeG-PSOE.
A estes comicios internos só concorreu esta candidatura posto que a outra alternativa, liderada por Gonzalo Caballero foi retirada antes do proceso ó entender que este acto fomentaba a continuidade e non daba cabida a outras opcións rexeitando o debate interno.
A partir de agora, Pose perseguirá unha maior dinamización desta formación política; apostando por un partido vivo, crítico e participativo, que sexa quen de gañar as eleccións municipais dentro de dous anos. Neste conclave tamén estiveron presentes ó secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Pachi Vázquez, e o Vicesecretario xeral do PSOE e Ministro de Fomento, José Blanco.
O primeiro aproveitou a súa intervención para facer un chamamento de futuro ós afiliados e para denunciar o ataque sistemático do PPdeG contra ós servicios públicos; e o chamboneo e corruptelas do seu líder provincial, Rafael Louzán, ó que tachou de ser o inductor da corrupción en varios eidos deste partido. Pola súa banda, Blanco defendeu a política orzamentaria do goberno central, un tempo para valentes para intentar superar a crise, dando máis dereitos e benestar ós cidadáns.
Redacción Salnés









