O Museo do Viño acolle unha táboa redonda para falar de enoturismo

    fotoxornadasvinocopia.jpgCAMBADOS> Alumnos da Escola de Turismo da Coruña coñeceron as posibilidades do enoturismo da man do presidente da Ruta do Viño Rías Baixas.

    {flowplayer}images/salnes/VisitaAlumnosMuseoVino.flv{/flowplayer}

    Esta mañá alumnos da Escola de Turismo da Coruña visitaron o Museo do Viño de Cambados para asistir a unha táboa redonda sobre as posibilidades do enoturismo. O presidente da Ruta do Viño Rías Baixas estivo con eles, e destacou a importancia das ideas das novas xeracións para continuar desenvolvendo este sector.

    Foi unha táboa redonda na que intercambiaron opinións sobre un sector cada vez máis en auxe e que ofrece moitas posibilidades.

    Tamén participou nesta xornada o alcalde de Cambados, que quixo destacar o potencial que ofrece o viño, máis aínda unido ó resto dos recursos das Rías Baixas.

    Recursos todos eles que trunfan por si mesmos, e que o único que precisan é dalos a coñecer. E recorrelo da man do valor máis importante que teñen as adegas.

    Redacción Salnés