NOIA> As augas baixan revoltas no seo da policía local de Noia. Unha querela presentada por un particular contra o xefe do corpo volveu ser motivo de disputa entre este e un oficial que, ó parecer, emitiu un informe negativo. Un veciño de Boa presentou unha querela contra o xefe da policía local de Noia. Os feitos aconteceron en abril cando unha veciña deu aviso de que na finca do denunciante se estaban a utilizar instalacións deportivas fóra dos usos autorizados. O xefe personouse no lugar e elaborou un informe que, segundo o denunciante, realizouse fóra de servizo e aportando probas falsificadas. Manuel Agra desminte firmemente as acusacións defendendo que cumpriu escrupulosamente coas súas obrigas como axente, a pesar do informe negativo elaborado por un oficial. Manuel Agra non dubidará en emprender medidas legais contra o que considera calumnias e inxurias cara a súa persoa. Malia que o actual xefe está a piques de xubilarse, pensa seguir a dar a batalla xudicial para restaurar a súa honra e profesionalidade.
Inicio BARBANZA