A Orquestra Sons presentará en Ribeira unha creación inspirada na illa de Sálvora

RIBEIRA> A orquestra Sons presentará en Ribeira ‘Memorias dunha Illa’. Será no marco dun concerto que se celebrará o día 9 de xullo na praza da concello e que incluirá tamén un amplo repertorio de música galega.

O principal atractivo do concerto que se celebrará o sábado día 9 a partir das dez da noite será a presentación do tema inédito ‘Memorias dunha Illa’ composto polo director da orquestra Álex Millet.

O concerto incluirá tamén outra composición instrumental do director así como un amplo e variado repertorio de músicos galegos.

Acompañarán ós membros da orquestra Sons numerosos músicos convidados. Serán máis de 20 os que pasen polo escenario instalado na praza do concello.