![]()
PONTEVEDRA> Para o PSOE trátase duns presupostos inxustos e equivocados que recortan as políticas sociais e de crecemento.
{flowplayer}images/salnes/PsdgEnmendasOrzamentos.flv{/flowplayer}
As máis de seiscentas emendas ós orzamentos do goberno para o vindeiro ano, demostran o descontento do partido socialista. Uns presupostos que cualifican de inxustos, ineficaces e equivocados. Guillermo Meijón considera que hai outro xeito de facer as cousas e precisamente por isto o PSOE reclama máis políticas sociais.
Políticas sociais e de axuda á cidadanía unidas a outras relacionadas co estímulo do crecemento. En total, máis de seis mil cincocentos millóns de euros para fomentar ese crecemento. Todo isto, unido á supresión do incremento do IVE e do IRPF.
E ¿de onde sacar eses cartos? Impostos sobre as grandes fortunas e sobre as transaccións financeiras. Unidos a unha reforma do gravame do impostos de sociedades que permitiría recadar outros dous mil novecentos millóns de euros. En total oito mil cincocentos millóns de incremento.
Con respecto ás emendas particulares, trescentos mil euros para o novo cuartel da Garda Civil de Cambados, outros trescentos mil para a rehabilitación de vivendas na Illa, ou a mellora da N-540 á altura de Caldas de Reis, entre outras.
A maiores as obras do AVE e o Eixo Atlántico, en total 42 millóns de euros de investimento na provincia de Pontevedra.
Redacción Salnés







