O CPI Mosteiro reivindica unha educación pública, de calidade e no rural no seu 50 aniversario

MEIS> O CPI do Mosteiro celebra o seu 50 aniversario cun gran acto no que estiveron presentes alumnos e ex alumnos do centro. Na cerimonia revelouse unha placa conmemorativa como homenaxe a todos os mestres, conserxes, equipos directivos e anpas polo seu traballo durante medio século. No acto reivindicouse a importancia dunha educación pública, de calidade e no rural.

O CPI do Mosteiro cumpriu neste 2022 o seu 50 aniversario. Unha data especial para un centro polo que pasaron varias xeracións de veciños e veciñas de Meis. Para conmemorar o medio século, o centro realizou un acto como homenaxe a todos os alumnos, mestres, conserxes, equipos directivos e anpas que pasaron pola escola pero tamén aos persoais de limpeza, cociña e mantemento.

No acto revelouse unha placa conmemorativa como homenaxe a todos os que formaron parte do CPI do Mosteiro. Unha delas foi a propia alcaldesa de Meis. Marta Giráldez reivindicou a importancia deste centro público do rural.

Dende a Xunta tamén quixeron estar presentes na cerimonia e felicitaron ao CPI do Mosteiro por formar a nenos e nenas en coñecementos e valores.

No acto repasouse a historia do CPI de Mosteiro pero tamén os anos 150 anos anteriores, sinalados como o comezo da escola en Meis. Resaltando a importancia dunha educación igualitaria e plural.

Na homenaxe quíxose facer tamén un recoñecemento especial ás labores do persoal do centro durante a pandemia, polas dificultades que tiveron o bo traballo que realizaron.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí