Profanan varios nichos no cemiterio do Freixo

nichosprofanadosfreixo100.jpgOUTES> Indignación entre os veciños do Freixo ante a profanación de varias sepulturas no cemiterio parroquial.

{flowplayer}barbanza/nichosprofanadosfreixo.flv{/flowplayer}

A tan só úns días da celebración da festividade de Tódolos Santos, os veciños do Freixo, en Outes, atopáronse esta semana cunha desagradable sorpresa. Uns descoñecidos accederon ó cemiterio e causaron destrozos en varios nichos. Ademais de romper os cristais levaron consigo varios obxectos, como crucifixos e adornos florais, aínda que de pouco valor.

Investigación

A asociación de veciños do Freixo xa denunciou os feitos ante a Garda Civil que traballa na investigación para dar cos autores dos feitos. Polo momento, non hai indicios sobre a identidade dos vándalos e a única pista é o material usado para forzar os nichos, entre eles chaves inglesas e punzóns, que deixaron abandonados no lugar dos feitos.

Tanto os veciños afectados como aqueles que tiveron a sorte de librarse da acción vandálica amosaron a súa indignación ante estes feitos que supoñen unha falla de respecto para os defuntos e os seus achegados.

Redacción Barbanza