Chega a IX Regata das Illas Atlánticas a San Vicente

    O GROVE> Este venres, celebrouse no Club Náutico de San Vicente do Grove, a presentación de varios actos, entre os que destacou a presentación da IX Regata das Illas Atlánticas para barcos Clásicos e de Época. 

     

    Chega a San Vicente a IX Regata das Illas Atlánticas para barcos clásicos e de época. Un evento que terá lugar os vindeiros 20 e 21 de agosto, e que terá como precedente o Rally La Baule- San Vicente. 

    Esta novena edición seguirá conservando os mimbres cos que foi creada polo Club Náutico San Vicente, e ca que se pretende realzar en Galicia a cultura do barco clásico con todas as súas implicacións culturais, históricas e sociais.

    O acto no que estiveron presentes numerosas personalidades, locais, provinciais e autonómicas, tamén serviu para recoñecer a traxectoria deportiva de Tono Campos, que conta no seu palmarés con tres medallas en Campionatos de Europa de Maratón e doce medallas en Campionatos do Mundo. 

    Despois desta merecida homenaxe, pasouse a realizar a Presentación do Desafío Irmandiña e a dos integrantes da tripulación que afrontará o II Rally La Baule-San Vicente. E xa para rematar tamén houbo cabida para os amantes da fotografía, quenes teñen unha cita co Concurso de Fotografía El Corte Inglés, que como xa ´ñe tradición virase celebrando ao mesmo tempo que a IX Regata das Illas Atlánticas. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/22/ptac_nautico_san_vicente_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/22/ptac_nautico_san_vicente.mp4{/flowplayer}