![]()
CAMBADOS > Unha Oficina Móbil de Información da Armada Española presenta a oferta profesional de emprego e formación das Forzas Armadas.
O autobús está equipado cos medios técnicos máis avanzados e conta cun equipo de informadores que explican as súas experiencias ós interesados.
As Oficinas Móbiles de Información percorren gran parte da xeografía española para informar ós xoves sobre as expectativas laborais e de formación que lles ofrecen as Forzas Armadas Profesionais.
O equipo de informadores, pertencentes ós tres exércitos (Terra, Armada e Aire), explican os procedementos de ingreso nas Forzas Armadas, as posibilidades de promoción, formación profesional, etc., así como as súas propias experiencias nas Forzas Armadas.
Con estas campañas de información preténdese que os autobuses cheguen sobre todo a poboacións nas que existen dificultades para acceder á información sobre esta posible saída laboral. A praza do concello de Cambados acollerá este servizo de información ata o venres.
Redacción Salnés







