“Con voz de Muller” chega a Pontevedra para dar visibilidade ao talento artístico feminino

[

PONTEVEDRA> Continúa a programación das festas de verán de Pontevedra. A cidade do Lérez acollerá, a partir deste xoves, o ciclo Con voz de Muller. Un evento que combinará a música co teatro ou a narrativa oral con grupos como Faia, Najla Shami, A Banda da Loba ou as Pandereteiras de Verducido.

Elas son só algunhas das artistas que pasarán esta semana polo ciclo “Con voz de Muller”. Un evento que chega este xoves á cidade do Lérez e que está enmarcado dentro do programa “Pontevedra Vívese”. Nel haberá música, teatro, narrativa oral e ata regueifas.

“Con Voz de Muller” desenvolverase en tres lugares da cidade: a praza da Curtidoira, a Ferraría e as pistas de Campolongo. O programa arrancará o xoves co teatro de Puedes llorar los viernes, o espectáculo poético de Aldaolado e a música de Faia.

O venres será a quenda de Najla Shami, Impro ao chou e a Banda da Loba. E para pechar este ciclo de concertos, o sábado pasarán polos diferentes escenarios, artistas como Belén Tajes, As fillas bravas ou as Pandereteiras de Verducido.

Este evento chega a Pontevedra cunha programación que combina á perfección a tradición coas novas propostas. Propostas moi diferentes pero sempre feitas “Con voz de muller”.