Frouxo arranque de campaña nas concesións de Cabo

    reaperturacampanhacabo100.jpgBOIRO> Os mariscadores a pé de Cabo de Cruz volveron ó traballo despois dun mes de paro biolóxico.

    {flowplayer}barbanza/reaperturacampanhacabo.flv{/flowplayer}

    Aínda que o arranque da actividade estaba previsto en Barraña, as condicións do mar obrigaron a cambialo a Mañóns onde, nesta primeira xornada, traballaron os 160 mariscadores a pé da confraría de Cabo de Cruz.

    Tralo paro biolóxico, os resultados non foron moi alentadores. Se ben a maioría acadaron os topes, establecidos en tres quilos de ameixa xapónica e dous de fina, o certo e que tiveron que investir case toda a mañá. Tampouco o tamaño acompaña sen rastro de ameixa grande.

    Para os mariscadores non foi unha sorpresa posto que xa antes do paro evidenciábase a escaseza de bivalvo que se viu agravada aínda máis pola acción dos furtivos.

    Os resultados deste primeiro día non auguran unha campaña moi proveitosa. Aínda así, todo dependerá do estado en que se atopen o resto das concesións e, sobre todo, da cotización en lonxa.

    Redacción Barbanza