Moda e comercio mestúranse na tenda escola O Deán

    expomodaapeco100.jpgPOBRA> Comercio e moda irán da man na última das iniciativas da tenda escola O Deán en colaboración coa deseñadora Marta Fontao.

    {flowplayer}barbanza/expomoda apeco.flv{/flowplayer}

    Un dos principais obxectivos da Asociación do Pequeno Comercio da Pobra coa posta en marcha de tenda escola O Deán era prestar apoio a aqueles novos emprendedores con proxectos de inmersión no mundo laboral. Por esa razón nun dubidaron un intre en aceptar a proposta da deseñadora Marta Fontao para dar a coñecer o seu traballo.

    Do oito ó trinta de novembro permanecerá exposta na tenda escola unha mostra con varios dos seus deseños e coleccións.

    Ademais desenvolveranse unha xornadas formativas con alumnos do ciclo de comercio e tamén con comerciantes da comarca para establecer posibles colaboracións. 

    Os interesados en achegarse ó traballo desta prometedora artista poden visitar a exposición tódolos días, agás os martes, en horario de once a unha e de seis a oito. Tamén cabe a posibilidade de solicitar visitas de grupo guiadas pola propia autora dos deseños.

    Redacción Barbanza