![]()
CAMBADOS> A revista Galicia de Moda e Adegas Martín Códax puxeron en marcha una sesión na que as protagonistas foron as bloggers.
{flowplayer}images/salnes/MartinCodaxBloggers.flv{/flowplayer}
Viño e moda uníronse nunha sesión fotográfica que tivo como escenarios os lugares máis significativos de Cambados.
A revista Galicia de Moda e Adegas Martín Códax puxeron en marcha esta iniciativa na que as protagonistas foron tres das máis destacadas bloggers de moda de Galicia.
Bartabac, Stellawantstodie, e Blow Up, quédense con eses nomes porque de seguro que darán moito que falar. Son tres dos blogs de moda máis destacados , o obxectivo das súas creadoras é crear un estilo propio e plasmalo a través da que é a súa fiestra ó mundo.
Os blogs teñen cada vez máis peso no mundo da moda e as marcas tamén comezan a darse conta.
Desta volta a súa presenza nas Rías Baixas débese ó traballo conxunto de Galicia de Moda e Martín Códax que decidiron levar a cabo unha maridaxe de viño e moda que sairá á luz na vindeira edición da revista.
Co apelido Martín en conxunto, cada un destes tres irmáns ten a súa personalidade, igual que cada unha destas bloggers, que crearon os seus looks inspirándose nun dos viños.
Unha aposta clara polo moda, polo viño e sobre todo polo talento desta nova forma de expresarse que supoñen as novas tecnoloxías ás, sen dúbida, cada vez hai que prestarlles máis atención.
Redacción Salnés










