O concello non garante a seguridade se a Festa da Ameixa se celebra os días 19 e 20 de agosto

    O concello non participará na Festa da Ameixa de Carril se se celebra o 19 e 20 de agosto, como pretende o presidente dos parquistas. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, afirma que non lle preocupa asistir ou non á festa, senón que ésta reciba moitos visitantes e a seguridade estea garantida, algo que non está confirmado ó coincidir con outras tres citas festivas no municipio. Xa lle advertiu ó presidente dos parquistas, en xaneiro, que a festa non se podía celebrar o 19 e 20 de agosto porque coincidía, ademais de co San Roque, co desfile de carrozas e co festival das Revenidas .Aínda así, o presidente dos parquistas, Xosé Luis Villanueva, reafírmase en que a festa terá lugar esa fin de semana, e que non consentirá que o concello discrimine a Carril. Alberto Varela, insistiu esta mañá na imposibilidade de que se celebre o 19 e 20 de agosto, entre outras cousas, fundamentalmente, por unha cuestión de seguridade. E a fin de semana seguinte, a do 26 e 27 de agosto, sería unha boa data para a celebración segundo a corporación. E desde logo, o que afirma que non pode pasar por alto como alcalde, son os informes dos servizos municipais sobre a seguridade do evento. Ó ser a alameda da Carril, onde se celebra a Festa, terreos pertencentes a Portos de Galicia, o alcalde cre de todas formas o primeiro co que teñen que contar é co premiso de Portos. Varela destacou tamén como razón esencial a necesidade de desestacionalizar o turismo e as visitas a Vilagarcía, e para iso, é fundamental que non se concentren nunha fin de semana os eventos máis destacados do concello. Ante as acusacións do patrón, ó dicir que o concello quere arrinconar Carril, o alcalde nega esta situación. Alberto Varela afirmou tamén que non lle importa que o presidente dos parquistas dixese que non contará coa súa presenza na festa, senón que moita xente acuda á mesma, así como garantir a súa seguridade, por iso, apela ó sentido común e á responsabilidade de tódalas partes implicadas.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí