Estas son as farmacias da provincia de Pontevedra que participan no cribado

PONTEVEDRA> Os kits para a recollida de mostra de saliva comezarán a repartirse en todas elas a vindeira semana.

Os que queiran participar poderán solicitar os lotes en calquera das farmacias dos seus concellos. Levarán o tubo para a súa casa e ao día seguinte pola mañá a primeira hora e antes de almorzar, recollerán a mostra. Terán que entregar o kit na propia farmacia antes das 10.30 da mañá.

O cribado está dirixido a atopar os casos asintomáticos entre persoas de 40 a 79 anos. Non poderán participar os que deran positivo nos últimos tres meses, estean illados por contacto estreito cun contaxiado ou os que fixeran unha PCR nos últimos 15 días.

Este é o listado provisional e dende o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra non desbotan que se amplíe nos vindeiros días.

CRIBADO COVID - Listado de farmacias participantes

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí