PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra ven de debullar o contido do Plan de Investimentos da Deputación…
{flowplayer}images/salnes/pid_121112.flv{/flowplayer}
… para o vindeiro exercicio 2013; un documento económico dotado de dezaoito millóns de euros que se repartirán entre os Concellos da provincia; co gallo de seguir potenciando a súa economía. Nesta anualidade déuselle a oportunidade ós Concellos de destinar o 30 % deste orzamento ó pago das súas débedas a acredores ou pagamento a entidades bancarias. Desta marxe os consistorios só fixeron uso dun 25 % ó que fala ben da súa saúde financeira.
O ente provincial reservou uns dous millóns de euros para premiar a boa xestión daqueles concellos que non precisaron de financiamento para estas débedas; amais de outras achegas para proxectos supramunicipais en cernes. Deste xeito, o global do Plan de Investimentos da Deputación da anualidade 2013 irá destinado a obras básicas como saneamentos, mellora da seguridade viaria, servicios sociais, plans de aforros enerxéticos, renovación de vehículos e melloras de servicios no rural, entre outros.
Con esta serie de axudas, a Deputación de Pontevedra, amais de dar boa mostra da súa saúde económica, comprométese a buscar unha nova fórmula co fin de prestar os mesmos servicios dun xeito máis eficiente.
A Deputación de Pontevedra está á espera de coñecer os orzamentos do Estado para elaborar canto antes o seu documento económico para o vindeiro ano 2013; constituíndose así como un motor máis de dinamización da sociedade e fonte de emprego na provincia.
Redacción Salnés