VILAGARCÍA> A empresa Comsa executará as obras do tren ós peiraos Comercial e Comboa, segundo se aprobou no último Consello de Administración do Porto.
{flowplayer}images/salnes/adxudicacion_comsa_ferrazo.flv{/flowplayer}
A presidenta do Porto, Sagrario Franco, explicou que se lle adxudicou a primeira fase da obra ‘ferrocarril a Ferrazo’, por case seis millóns de euros e cun prazo de execución de dez meses, que arrancaría xa no primeiro trimestre deste ano.
O proxecto prevé a prolongación da conexión ferroviaria que agora dá servizo ó peirao do Ramal por Rivero de Aguilar e o vial paralelo á rúa Valle Inclán, onde se derribará o muro existente. As vías irán incrustadas no pavimento, entre O Ramal e o parque do Centenario situaranse ó nivel da beirarrúa, e a nivel da estrada entre O Centenario e a nova entrada ó porto.
No Consello de Administración do Porto tamén se deu conta do incremento de tráficos de case o 50 por cento no primeiro trimestre deste ano. Entre xaneiro e marzo movéronse polos peiraos vilagarciáns máis de 267 mil toneladas de mercancía, fronte ás 181 mil do primeiro trimestre de 2011.
Nesta reunión, o Porto tamén adxudicou a Boluda a concesión para a terminal de contedores de Ferrazo. A concesión farase efectiva no verán e será de 21 anos, cun tráfico mínimo de 30 mil TEUS ó ano.
Ademais, acordouse a incorporación dun representante da Comandancia Naval de Vigo ó Consello de Navegación e Porto, que pasa así a contar con 26 vocais.
Redacción Salnés