VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía mantén abertas todas as opcións para o futuro do parking Xoán XXIII. O longo proceso xudicial que enfronta dende hai anos ao concello coa empresa que o xestiona está na súa recta final, logo de que o Supremo desestimase un recurso de Ravella, que obriga ao goberno local a resolve-lo contrato, tal como solicita a empresa dende hai case 10 anos. Esta mañá o alcalde mandaba unha mensaxe de tranquilidade aos traballodores, sen concretar se se vai apostar por unha concesión ou a xestión directa.
Logo de anos de litixio, o futuro do aparcadoiro de Xoán XXIII podería comezar a despexarse. O goberno local vai levar ao vindeiro pleno a resolución do contrato da concesión á empresa Proinsa, algo que demanda dende o ano 2014, logo de entrar en concurso de acredores. O goberno local vaino facer en cumprimento da última sentenza sobre ese parking, logo de o Supremo desestimase o último recurso de Ravella.
Segundo o alcalde, ese contrato podería quedar resolto nun prazo de tres meses. Varela manda unha mensaxe de tranquilidade aos traballadores do aparcadoiro.
Porque aí é onde se abre a seguinte incógnita, aínda sen resposta: que opción escollerá o concello para a xestión deste parking? Hai dúas posibilidades: unha nova concesión ou a xestión directa.
Pero di o alcalde é unha decisión que non se pode tomar, á espera de que se vaian pechando os capítulos xudiciais pendentes.











