VILAGARCÍA> Vilagarcía proponnos gozar dunha ruta de tapas e compras. Zona Aberta impulsa esta iniciativa, na que a hostalería e o comercio van da man. Nesta ruta participan 11 locais. Como é habitual neste tipo de rutas, a clientela poderá ir facendo un percorrido por eles para optar a premios. A singularidade é que para iso terán que pasar tamén por outros dous establecementos comerciais adheridos ao colectivo. A ruta bota a andar este venres.
Hostalería e comercio van da man nesta iniciativa que impulsa Zona Aberta. O colectivo vilagarcián deseñou unha a primeira ruta de tapas e compras pola cidade. Na parte gastronómica, conta coa implicación de 11 locais.
E como é habitual nestas iniciativas, a clientela poderá votar polas propostas dos locais. Para optar a premio, terán que selar como mínimo 4 establecementos de hostalería. A singuralidade desta ruta é que, para entrar no sorteo, terán que conseguir tamén dous selos dos establecementos comerciais asociados a Zona Aberta.
Esta proposta botará a andar este venres e vaise prolongar ata o día 18 de maio. O horario xeral de todos os locais será de 12 a 14 e de 19.30 a 21.30 horas. Con todo, Zona Aberta abre a porta a que cada negocio flexibilice estes horarios.
O sorteo onde se coñecerán as cinco persoas premiadas será o 24 de maio. O concello de Vilagarcía tamén colabora coa proposta, tal como fixo no pasado en propostas semellantes da antiga AHITUVI.
Por outra banda, nas últimas horas tivo tamén lugar o sorteo do día da nai de Zona Aberta. A persoa afortunada levou fíxose cunha fin de semana para dúas persoas. Un premio que conseguiu grazas a un ticket de compra nun dos establecementos de Zona Aberta.











