O Concello súmase á proposta de financiamento do enlace a tres bandas

    catalina_plano100_210108_001.jpgSANXENXO > O Concello de Sanxenxo da luz verde á proposta de financiamento que expuxo a Xunta de Compensación do Parque Empresarial de Nantes

    A proposta mantén o deseño establecido no Plan Parcial e no proxecto de Urbanización e trata de levar a cabo o enlace da Vía Rápida co Polígono, cun financiamento a tres bandas.

    A Xunta de Compensación formada polos propietarios do SU 15 do Parque Empresarial de Nantes, elaboraron fai uns días unha proposta de financiamento do Entronque da futura estrada de Vilalonga coa Vía Rápida, que sería tamén a conexión viaria ao Polígono.

    Do financiamento encargaríanse a Consellería de Política Territorial coa Concesionaria das obras de ampliación da Vía Rápida, por outra banda, o Concello de Sanxenxo, e por último, a Xunta de Compensación.

    A Xunta de Galicia e/ou a Concesionaria faríanse cargo das pontes da autovía, dos enlaces de baixada e subida, na marxen izquierda dirección Pontevedra, en compensación ao solo ocupado e cedido polos propietarios do Polígono, actualmente de titularidade municipal.

    O Concello faríase cargo dos custos de adquisición ou expropiación do solo paralelo ao Polígono, que fora necesario para as conexións, asemade, a urbanización dos accesos de entrada e saída situados fora do Parque.

    Hoxe mesmo enviaron dende o concello, unha petición de audiencia da alcaldesa e os propietarios, coa Conselleira Mª José Caride, para acometer a obra e poder así, retirar o recurso de apelación interposto o pasado día dezaseis polo concello de Sanxenxo.

    Redacción Salnés