O IGAPE rexeita adxudicar Alfageme ás tres empresas presentadas

    RIBADUMIA> Non o podían crer; a rabia e a impotencia podíase ler na faciana das traballadoras de Alfageme aínda horas…

    {flowplayer}images/salnes/igape_alfageme_151112.flv{/flowplayer}

    … despois de que se enterasen de que o proxecto empresarial non seguiría adiante en mans de outro empresario. O IGAPE da Consellería de Economía e Industria rexeitou dar por boa calquera das tres propostas empresariais presentadas para continuar ca actividade conserveira co que a administración concursal seguirá adiante co proceso de subhasta. Atrás quedan tres anos e medio de intensa loita sindical; manifestacións e actos reivindicativos que non fructificaron. As súas protagonistas séntense agora que se riron delas desde o primeiro momento, que foron moeda de cambio en campaña política e que as súas inquedanzas polo mantemento dos postos de traballo na comarca do Salnés non eran compartidas pola clase política.

    Cren pola contra que trala decisión contradictoria que ven de adoptar a Xunta se encontran escuros intereses empresariais que non acertan a albiscar. Tras esta decisión as iras destas traballadoras en contra do funcionario en funcións de Economía e Industria Javier Guerra son aínda maiores. Reclaman a súa dimisión así como a do resto dos alcaldes populares desta comarca por xogar co emprego onde hai uns 13.000 parados.

    Esta mesma tarde as traballadoras abandonaron o seu peche nas instalacións de Ribadumia, non así as accións de mobilización que serán dadas a coñecer en próximos días. Polo de agora xa anunciaron que se personarán nos xuízos contra o Conselleiro e o Director do IGAPE por prevaricación e que seguirán de preto o proceso de subhasta de Alfageme.

    Pola súa banda, a Xunta de Galicia ven de comunicar tralo consello extraordinario do IGAPE desta mañá que ningunha das empresas que optan á adquisición de Alfageme garanten os postos de traballo nin a viabilidade da conserveira. Segundo o organismo autonómico, a mesa técnica encargada da análise das ofertas informou ao Igape que as propostas recibidas incumpren os requisitos mínimos esixidos con respecto ao mantemento dos postos de traballo e non aseguran o cumprimento do proxecto; polo que non lles é posible legalmente condonar a débeda a ningunha das compañías interesadas na adquisición da conserveira. Asemade,o Goberno galego salienta que seguirá a ofrecer apoio financeiro a aquela empresa que opte á subhasta de bens cun proxecto que aposte por sacar adiante a compañía e manter o emprego.

    Redacción Salnés