Os traballadores de Transportes Arenaz denuncian seis meses de impago

    CAMBADOS> Os traballadores non teñen novas do empresario. Custodian dende o luns, como garantía, os camións da empresa.

    {flowplayer}images/salnes/DenunciaTransportes_151112.flv{/flowplayer} 

    Transportes Arenaz é unha empresa de Cambados con 75 anos de antigüedade. O seu propiestario Francisco Arenaz débelle seis nóminas máis dietas ós seus cinco traballadores e malia ós intentos destes por poñerse en contacto con el para reclarmarlle o que lles pertence, este non dá sinais de vida.

    Por iso levan catro días custodiando os camións no porto de Tragove para evitar que os leven, e como garantía para cobrar esas cantidades pendentes, que roldarían os 12.000 euros por cada traballador.

    A solución á problemática puido dala unha empresa santiaguesa de consulting, interesada en facer unha operación de compra, pero finalmente botouse atrás.

    Para os traballadores, o que pretende Francisco Arenaz é desfacerse da empresa sen asumir o pago das súas débedas e ás dos provedores.

    Dado que a empresa de consulting botouse atrás na compra, din que agora non lles queda máis que presentar as demandas pertinentes contra Francisco Arenaz.

    Polo momento, antes de acudir ós xulgados, os traballadores de transportes Arenaz seguirán no Porto de Tragove combatendo o frío facendo turnos para custodiar os camións da empresa.

    Redacción Salnés