20 participantes formaranse nos obradoiros forestal e albanelaría de Valga e Moraña

MORAÑA> 20 desempregados formaranse en Moraña e Valga no cuarto obradoiro de emprego de ambos concellos. Os participantes dividiranse nos módulos de forestal e albanelaría. Serán 9 meses de preparación á vez que reciben un salario.

Os concello de Moraña e Valga dan comezo á cuarta edición dos obradoiros de emprego. Ambas vilas organizan xuntas estes talleres de formación debido á baixa taxa de paro que rexistran. Nesta ocasión participan 20 persoas e dividiranse nos módulos de forestal e albanelaría.

Os obradoiros teñen unha duración de 9 meses. Os participantes ademais de formarse, cobran e cotizan.

O custo deste proxecto supera os 400 mil euros. A financiación é compartida entre a xunta, que aporta máis de 336 mil euros, e os concellos, con máis de 20 mil euros cada uno.

O obxectivo destes obradoiro é formar aos participantes para que teñan máis facilidades para acceder ao mundo laboral.

As prácticas que os participantes farán nos concellos serán traballos como a restauración e rehabilitación de fontes e pilóns no rural, creación e melloras de sendas peonís ou restauración de patrimonio. Con estes obradoiros fórmanse aos asistentes á vez que se beneficia á veciñanza de ambas vilas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí