POIO> Neste 2012 cúmprese o 40 aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico
{flowplayer}images/salnes/PtacAniversarioCombarro_161112.flv{/flowplayer}
Este foi o obxectivo que se marcou a Asociación A Solaina, durante este 2012 para celebrar o 40 aniversario aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico. Eventos deportivos e culturais, visitas guidas ou conferencias foron algunhas das actividades levadas a cabo durante este ano para conmemorar esta efeméride. Se ben os actos prolongararanse ata finais de decembro, mañá porase a guinda ó pastel co acto institucional que se celebrará no local da Comunidade de Montes de Combarro a partirs das 19 horas.
No acto de mañá participarán entre outros, Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega, que fará unha reflexión histórica sobre a protección do patrimonio de Combarro, José Manuel Rey, Director Xeral de Patrimonio, ou o alcalde de Poio Luciano Sobral, así como reporesentantes da Deputación de Pontevedra.
Redacción Salnés