![]()
GROVE > Esta mañá presentouse no colexio Rosalía de Castro do Grove o libro Poesía para a Vida; unha recompilación…
… de debuxos e poemas creados polos escolares deste Concello. Esta obra foi o froito do intenso traballos dos alumnos quinto e sexto de primaria dos colexios locais Valle Inclán, Conmeniño, As Bizocas e o Rosalía de Castro desde o ano 2006. A proposta partiu da Asociación de loita contra a drogadicción Érguete, cuxa coordinadora, Maricarmen Cacabelos gabou o intenso traballo de alumnos e profesores que participaron activamente neste proxecto.
O obxectivo deste traballo foi manter vivos nos rapaces os principios de vida de traballo, solidariedade e bos propósitos; ó tempo que se fomenta a colaboración entre os centros educativos e outras asociacións.
O prelo da Asociación Sotelo Blanco sacou unha tirada de balde de 500 exemplares: algúns dos cales serán repartidos entre os catro concellos participantes e os demais repartiranse ós nenos que participen nas actividades que terán lugar o día 26 de xuño, na Praza do Corgo, no Grove, co gallo do Día Mundial contra o uso indebido das drogas.
Redacción Salnés







