O CB Vilagarcía preséntase en sociedade con cifras record

VILAGARCÍA> O Club Baloncesto Vilagarcía celebrou onte o seu propio acto de presentación dos equipos cos que conta nesta temporada. Un evento que tivo lugar en Fexdega e no que se deron cita máis de medio milleiro de persoas. A entidade bate records neste 2012 con 14 equipos federados e máis de 200 rapaces nas súas filas.

{flowplayer}images/salnes/Baloncesto_191112.flv{/flowplayer}

O acto arrancou ás sete da tarde, momento no que os focos iluminaron o escenario por onde foron pasando os máis de 200 rapaces e rapazas que forman parte do club esta temporada. Unha auténtica festa do baloncesto. 

O Club Baloncesto Vilagarcía conta esta temporada con 14 equipos federados nas súas categorías base, polo que posúe cinco conxuntos máis que en 2011. Antes do acto de presentación, dende primeira hora da tarde xa se estiveron a xogar partidos en Fexdega correspondentes ás diferentes ligas nos que o Club Baloncesto Vilagarcía compite este ano.

No olvido queda xa a polémica xurdida no verán entre club e concello pola negativa deste último a deixar Fexedga para que actuase o seu primeiro equipo en LEB Prata. Unha decisión, que segundo Alberto Blanco, entendérona e acatárona sen problema.

Redacción Salnés