O Est. Otero cae na casa e cede a segunda posición da xeral

tenisdemesa250_191108.jpgCAMBADOS > Despois de quince días sen liga o Establecimientos Otero volvía á competición e non o puido facer cunha victoria. Os cambadeses caeron co L’Estela de Girona e agora sitúanse cuartos na xeral aínda que cun partido menos disputado que os seus rivais.

Non puido ser. Escapóuselle a victoria ó Establecimientos Otero ante o L’Escala por un marcador que engana, 1-4, porque o partido foi moito máis igualado do que ese resultado final amosa. Non en van, Jacobo Enseñat tivo na súa man os dous encontros que disputou en individuais; ante Dvorak dispuxo de dúas bolas de partido e ante Clotet, outra máis. Pero os cataláns souberon levantalas e adxudicarse os puntos. A única victoria dos cambadeses sumouna Liu Junhui, que venceu por 3-0 a Clotet.

Agora o Establecimientos Otero sitúase cuarto na xeral, con tres victorias en cinco partidos, perde dous postos, pero continúa preto do segundo clasificado, que disputou un partido máis, e que o gañou.

En Segunda Nacional, fóronlle mellor as cousas o Grupo Barros, que continúa intratable nesta categoría. A súa última vítima foi o Arteal de Santiago que tivo que ceder por 1-4. Na mesma división, o Joyería Enrique leva a traxectoria oposta, caeu co Monteporreiro por 0-4 polo que tras seis xornadas continúan sen coñecer a victoria. Complícanse as opcións de permanencia semana tras semana.

Na Primeira División feminina o Caixa Nova sumou unha victoria importante despois de varias semanas sen facelo. O Burgos non foi rival para elas e venceron por 4-0.

 Ademais, en primeira Autonómica o Caixa Galicia venceu a domicilio ó Helios Bembribe, cunha gran actuación de Miguel Chaves, triunfo que lles permite manter as opcións de meterse no grupo de ascenso.

Destacar ademais os resultados da Segunda Galega na que o Insucarpi somou dúas victorias ó impoñerse 0-4 ó Liceo de Noia e por 4-3 ó Galmedica.

Redacción Salnés