O PSOE chama á non adhesión ó consorcio de recollida do lixo

    PONTEVEDRA> O PSOE Provincial de Pontevedra reuniu hoxe ós alcaldes socialistas da provincia para pedirlles…

    {flowplayer}images/salnes/psoe_alcaldes_lixo.flv{/flowplayer}

    … que non se adhiran ó Consorcio de recollida do lixo que prantexa á Deputación. Dos sete rexedores existentes da súa cor ó final só se persoaron cinco, pero todos serán informados ó igual que ós voceiros municipais de cada Consistorio de que o prantexamento da Deputación pontevedresa prevé a prestación dun servicio máis caro e que amais suporá un empeoramento do servicio; ó non ser de caracter diario e ó non incluír a limpeza viaria no contrato.

    Amais no antedito convenio prevese que paguen a mesma taxa comparativamente en tódolos Concellos, independentemente, por exemplo, de se falamos dun Concello rural ou dun presumiblemente turístico. Asemade, a recollida non contempla innnovación algunha no servicio de recollida, na disposición dos bins ou na reciclaxe do refugallo.

    A esto hai que engadir, segundo o PSOE a incerteza laboral que atravesan os traballadores municipais do servicio actual e que para a futura adxudicación xa se oen o nome de súas empresas, co que se aventuran a predecir que o concurso de adxudicación do servicio non vai a ser transparente.

    A todo esto, o que máis preocupa ós socialistas, é que a Deputación rexistra no borrador do proxecto a condición sine qua non de que o ente provincial será o encargado do cobro do Imposto de Bens Inmobles e o Impostos de Actividades Económicas; dous gravames ate o de agora municipais.

    Os do puño e da rosa entenden que así a Deputación intenta xustificar a súa razón de ser como institución nestes tempos nos que hai unha corrente de opinión moi forte contraria á súa existencia como tal. Amais, pasando por ela o cobro do IBI e do IAE así o goberno provincial asegúrase o cobro dos servicios prestados tamén naquelas localidades onde non contan co ORAL.

    Os socialistas teñen previsto levar a pleno esta cuestión en tódolos concellos co fin de que toda a cidadanía coñeza os pormenores deste acordo que eles entenden que se intenta aprobar ás presas e que irá en contra do interese xeral da cidadanía.

    Redacción Salnés