![]()
RIBEIRA> As instalacións, ubicadas en Cubeliños, foron inauguradas pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Secretario Xeral de Medios.
{flowplayer}barbanza/inauguracionaulacemitribeira.flv{/flowplayer}
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, xunto co alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, foron os encargados de inaugurar a nova aula CeMIT, cuxas instalación atópanse emprazadas en Cubeliños, nos baixos da Escola Infantil Municipal. A aula CeMIT de Ribeira ocupa un espazo duns 80 metros cadrados aproximadamente, esta dotada con 12 postos informáticos de traballo, equipo profesional de videoconferencia e proxección de vídeo. Coa posta en marcha deste centro, no que a Xunta investiu uns 90 mil euros, cofinanciados con Fondos Feder, cúmprese o compromiso de achegar as novas tecnoloxías á toda a sociedade.
Lembranza
Na súa intervención o alcalde tamén tivo palabras de lembranza para Xosé Manuel Pérez, Mariscal, o que fora técnico informático municipal, recentemente falecido, a quen se dedicou unha placa que se instalou na entrada da aula.
Catro aulas CeMIT no Barbanza
A instalación de Ribeira súmase ás catro xa existentes na comarca do Barbanza situadas nas localidades de Muros, Noia, Porto do Son e Boiro. Precisamente con esta última mantívose unha conexión por videoconferencia, na que tomou parte o seu alcalde, Xoán Xosé Dieste, que lle deu a benvida á Rede ó novo centro de Ribeira.
Redacción Barbanza










