Os veciños de Ceilán rebélanse contra o peche da farmacia

    pechefarmaciaceilan100.jpgOUTES> Os veciños do lugar de Ceilán non pararán ata conseguir a reapertura da farmacia pechada dende o pasado venres por orde da Consellería de Sanidade.

    {flowplayer}barbanza/pechefarmaciaceilan.flv{/flowplayer}

    Hai oito anos que esta farmacia abría as súas portas no lugar de Ceilán, en Outes. Sen embargo, permanece pechada de xeito indefinido dende o venres por obriga da Consellería de Sanidade despois de que os titulares doutras farmacias situadas no termo municipal recorreran a licenza alegando que non cumpre cos criterios de ratio poboacional e distancia.

    Os veciños da zona non están de acordo coa decisión e levan tempo loitando para evitar o peche que finalmente se produciu.

    Recollida de firmas

    Polo momento xa presentaron máis de tres mil sinaturas ante a Consellería. Á espera de obter unha resposta por parte da administración advirten que non pararán ata conseguir a reapertura da farmacia.

    O colectivo veciñal de Pontenafonso conta na súa reivindicación coa apoio das asociacións de Cuns, O Freixo e San Ourente posto que son moitos os veciños que fan uso desta farmacia.

    Redacción Barbanza