Atracan a terceira farmacia en quince días no Salnés

    VILANOVA> Na farmacia de Caleiro en Vilanova aínda están co susto do corpo. Na mediodía do luns…

    {flowplayer}images/salnes/roubo_farmacia_caleiro.flv{/flowplayer}

     … un ladrón entrou tapado ca capucha dunha cazadora e pediu á farmacéutica que lle dese á recadación ameazándoa cun coitelo da grandes dimensións. Unha das dúas irmás titulares da farmacia Lidia Castro Pouso, non quixo arriscar e deixoulle levar todo o que había na caixa rexistradora.

    O malfeitor agardou a que non houbese cliente algún no seu interior para que lle fose máis doado o asalto. Con todo non se percatou que na rebotica había un par de obreiros acometendo unha reforma.

    Cando estes acudiron de inmediato na axuda da farmacéutica, esta pediulles que non actuasen para non complicar as cousa posto que se encontraba na última fase do embarazo. Non se sabe se foi o susto ou se porque nesta lúa chea saía de contas que xa empezou co proceso de dar a luz. Este é o terceiro atraco que se produce en algo menos de quince días no Salnés.

    Os farmacéuticos xa estaban en sobre aviso tralos roubos nos dispensarios de Pontearnelas e a Illa pero por despiste, non foron apartando a recadación ós poucos. Coidan que o autor puido ser o mesmo polo xeito de actuar empregado nos tres; e non descartan que poida volver ás andadas en breve se as forzas da orde non o impiden.

    Redacción Salnés