VILAGARCÍA> Autónomos de toda España déronse cita este martes en Vilagarcía no II Congreso Nacional de Relevo Xeracional. Trátase dun foro impulsado por UPTA no que axentes sociais, representantes institucionais e expertos puxeron sobre a mesa solucións ante o reto da remuda de emprego autónomo e a continuidade dos negocios. No congreso abordáronse cuestións clave como a formación, a empregabilidade no rural ou políticas públicas para garantir a continuidade do traballo autónomo.
Axentes sociais, representantes institucionais e expertos de todo o país participaron este martes en Vilagarcía no II Congreso Nacional de Relevo Xeracional. Organizado por UPTA, trátase dun dos maiores desafíos aos que se enfronta nestes momentos o colectivo de traballadores autónomos.
Polo que, defenden dende UPTA, hai que tomar medidas xa.
O encontro arrancou este martes e vai continuar este mércores. Polo foro pasarán distintos expertos e axentes sociais para propoñer solucións ante o reto do relevo e a continuidade dos negocios.
Na inauguración tamén estiveron presentes as distintas administracións, como actores esenciais para o impulso de políticas activas que garantan a continuidade do traballo autónomo.
Un apoio, reivindicaron hoxe, a todos os niveis. Tamén dende o ámbito local.
Logo da inauguración oficial, a primeira conferencia correu a cargo de Joaquín Pérez Rey, Sercretario de Estado de Traballo do Ministerio de Traballo e Economía Social.











