Alegacións e sinaturas en contra do proxecto da PO-308

    PROXECTO_PO308_.jpgSANXENXO> A Plataforma de Afectados aseguran que a Xunta non tivo en conta as necesidades dos veciños e hostaleiros.

    {flowplayer}images/salnes/PLATAFORMA_PO308.flv{/flowplayer}

    A Plataforma de Afectados pola PO-308 seguen traballando para que o proxecto de mellora da seguridade vial para esta estrada se modifique. Nos últimos días están recollendo sinaturas para que os veciños apoien as alegacións que xa presentaron e acheguen as súas queixas.

    Este proxecto, confesan, vai a afectar non só ós veciños da zona senón tamén a hostaleiros e ós que circulen por esta estrada. E é que, desde a Plataforma consideran que o proxecto o aprobaron con demasiada presa sen ter en conta estas necesidades. Piden que non se supriman os pasos de peóns, que se constrúan aceras en ambos marxes da estrada e que se suprima algunha glorieta tal e coma contempla o proxecto.

    A alcaldesa xa se reuniu onte co Consorcio de empresarios turísticos e con Entretendas e acordou ter en conta as súas demandas. A Plataforma xa solicitou unha reunión con Catalina González e agardan presente as súas alegacións ante a Consellería de Medio Ambiente.

    O prazo de presentación de alegacións remata o mércores da próxima semana. Os que queiran expor as súas queixar e apoiar á Plataforma o poden facer no Edificio de Usos Múltiples de Portonovo ou na Casa Forestal de Noalla.

    Redacción Salnés