Caldas únese para compartir nas festas de Nadal

    CALDAS>Únete e Comparte” é unha campaña solidaria na que participarán a meirande parte dos colectivos deste concello.

    {flowplayer}images/salnes/CampanaXoguetes_271112.flv{/flowplayer} 

    Trátase dunha das campañas máis ambiciosas de cantas se teñen celebrado en Caldas. Baixo o lema Únete e Comparte, esta iniciativa pretende non só dar resposta á problemática económica durante as datas de Nadal, senón durante todo o ano.

    Dende onte e ata o 17 de decembro todos aqueles que queiran participar teñen ata 53 puntos de recollida para deixar a súa aportación, sexan alimentos ou xoguetes. Tódolos centros educativos, centros sociais, vinte asociacións do municipio, Protección Civil, Biblioteca ou Cáritas son algúns deses lugares onde se poden deixar. Todo o que sexa donado será revisado, clasificado e repartido os días 21 e 22 de decembro, a través de Cáritas Caldas.

    O obxectivo agora é implicar a toda a sociedade caldense. As familias numerosas con ingresos escasos, os parados sen remuneración ou as persoas maiores sen recursos serán algúns dos colectivos que se beneficiarán desta campaña.

    Redacción Salnés