A cultura de Galicia concéntrase esta fin de semana en Pontevedra

    PONTEVEDRA> A Casa da Cultura é a túa Casa. Ti tes a chave. Baixo este lema ábrese o Culturgal 2012: …

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_culturgal_2012.flv{/flowplayer}

    …o que a feira da cultura galega que se prolongará ata o domingo no recinto feiral de Pontevedra. Por aquí pasarán ata 200 actividades de balde e para tódolos públicos, narradas principalmente en lingua galega e transmitidas en tódolos formatos imaxinables: teatro, filmes, danza, circo, música, plataformas tecnolóxicas,…

    O acto foi inaugurado esta mañá polo Conselleiro en funcións de Cultura e Educación da Xunta de Galicia quen valorou o papel transformador das empresas culturais galegas.

    E é que ó igual que en tódalas empresas, a competitividade é clave tamén no eido da cultura, e máis na feita deste rexións periféricas. Así pois, en verbas do titular do departamento autonómico, a innovación, a mellora da calidade e a diminución dos custes son as claves de futuro para as empresas do sector da divulgación da cultura galega.

    En Culturgal daranse cita os grandes nomes da cultura galega como Manuel Rivas ou Luís Tosar; amais de centos de profesionais dedicados á programación cultural nos distintos eidos.

    Tamén hai oco para a cidadanía en xeral; non só neste recinto feiral, senón noutras moitas actividades que se van a desenvolver noutros emprazamentos da cidade do Lérez. Toda a información do Culturgal está xa na Rede.

    Redacción Salnés