O BNG pide ó concello que cree un Consello Escolar Municipal

    BNG_CAMBADOScopy.jpgCAMBADOS> Para iso presentaron unha moción no rexistro do concello para que se debata no vindeiro pleno da corporación.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLO_ESCOLAR_BNG_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Foi no ano 96 cando se creou o primeiro Consello Escolar Municipal no concello de Cambados. Só se celebrou unha reunión e despois disolveuse. O segundo intento foi no ano 2005 cando non chegou a constituírse pero sí se aprobou o Regulamento do Consello Escolar que se ía constituír nesas datas pero que quedou no esquecemento.

    Así o relataba o voceiro do BNG, Víctor Caamaño, esta mañá despois de presentar no rexistro do concello unha moción para que se aprobe no vindeiro pleno a constitución definitiva dun Consello Escolar.

    Ademais considera que é o momento apropiado xa que o pasado mes se realizaron as renovacións dos consellos escolares e hoxe son as eleccións sindicais do ensino. Di é de vital importancia para resolver cuestións referentes ó alumnado ou posibles problemas entre o profesorado.

    A finalidade última é que se resolvan os problemas referentes ó ámbito escolar. Concluíu dicindo que nese consello debería haber representación tanto do alumnado, pais, centros, representación sindical e municipal.

    Redacción Salnés