![]()
VILANOVA> Representantes da empresa responsable das obras, SEA, reuníronse este xoves cos empresarios interesados en instalarse no parque industrial.
Xa está aberto o proceso de venda de parcelas no polígono de Baión. Segundo as previsións do concello, a mediados do mes de xuño vanse adxudicar as primeiras parcelas, e as obras comezarán a finais do verán. Segundo a versión oficial, a finais de ano haberá negocios asentados nos terreos industriais.
Os representantes da empresa que xestiona o polígono, SEA, reuníronse o xoves cos empresarios para explicarlle os beneficios de adquirir solo, no parque industrial de Baión.
A Cámara de Comercio de Vilagarcía recibiu solicitudes de información de varias empresas interesadas en instalarse no polígono. De levarse a cabo as previsións, o parque industrial de Baión estaría ocupado, nun 100% da súa superficie en solo uns meses. A crise económica será a que marque definitivamente, os tempos.
A Xunta de Galicia comprométese a dotar de solo industrial necesario a toda Galicia. O novo director xeral de Economía e Industria tendeulle a man aos empresarios reunidos hoxe en Vilanova.
Coa creación deste parque industrial, o concello de Vilanova espera crear centos de postos de traballo no municipio, nos vindeiros meses. O alcalde, estaba hoxe satisfeito con que este parque sexa xa unha realidade.
Os empresarios demandan que se comece coa segunda fase do proxecto para que sexa o solo o que teña que esperar polas empresas e non os negocios os que teñan que esperar polo solo. Como ocorre habitualmente, en Galicia.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/070509_poligono_baion.flv{/flowplayer}







